Vistas de página en total

viernes, 18 de junio de 2021

RECOMENDACIÓN MANGA by Alba V. 1º Bach

 

Akame ga Kill


Akame ga kill é un manga xaponés escrito por Takahiro e ilustrado por Tetsuya Tashiro. O manga contén 15 tomos e publicouse mensualmente dende o 6 de xullo de 2014 ata o 14 de decembro de 2014, a súa editora é Square Enix en xapón e en España é a xa moi coñecida Norma Editorial.

O manga trata de Tatsumi, un rapaz de campo o cal vaise a capital do Imperio para alistarse no exército e así conseguir diñeiro para a súa aldea, pero ao chegar a capital dase de conta que non todo é o que esperaba. Coñece a unha rapaza de alto rango da sociedade a cal dalle hospitalidad e o que parecían boas intencións acaba en desastre, resulta que aquela familia disfrutaba torturando aos campesiños. Despóis de que aquela familia matara aos séus amigos da aldea os cales chegaron todos xuntos a capital decide unirse ao Night Raid.

O Night Raid é un grupo de asesinos que a súa meta é acabar cos corruptos da capital. O Night Raid está composto por 10 membros e cada membro ten consigo unha arma especial chamadas Teigu.

No persoal encantoume o desarrollo dos personaxes a medida que avanza o manga en o que menos non ten que ver coa historia se non coa adaptación á animación.

Recomendaríalle esta obra a calquer persoa a cal esté comenzando no mundo do manga e anime.

RECOMENDACIÓN MANGA seinen by Elsa Q. 1ºbachB

 

Pluto; Urasawa Naoki & Tezuka, Osamu (2003-2009)

Demografía: Seinen Xéneros: Mecha, Misterio, Acción, Psicolóxico, Ciencia ficción

No primeiro capitulo deste manga preséntanse dúas mortes a primeira de Montblac, un robot gardamontes querido por todos e despois a de un humano que era membro da sociedade de leis de protección robot. Mentres pasa isto preséntase ao que parece ser o protagonista, Gesicht, un robot que traballa para a Europol. Neste capítulo tamén se presenta situación na que se atopan os humanos fronte aos robots, sendo os robots incapaces de ter sentimentos, aínda que ao avanzar a obra demóstrase o contrario, e sendo os robots, como era de esperarse mais precisos e capaces, algúns máis que outros. Os robots teñen absolutamente prohibido matar aos humanos mentres que para os humanos matar a un robot non é un delito tan grave.

Con esta premisa, boa parte da obra nos narra os acontecementos arredor de Gesicht e a súa investigación destes asasinatos nos cales atopa unha conexión entre as vítimas.

Pese a ser Gesicht o epicentro da obra, non só vemos o seu punto de vista da historia, este cambia numerosas veces sendo as partes nas que el non está en escena máis da metade do manga, estas outras escenas son de moitos personaxes, dándolles moita importancia o que fai que non os percibamos como simples personaxes secundarios.

Este non só é un manga futurista, tamén ha outro elemento con respecto ao contexto da historia o cal é moi importante, a obra ten lugar despois de que houbese unha guerra nun dos países no que se desenrola a historia, xa que o esta cambia, ao igual que de narrador, de espazo habitualmente.

Eu describiría Pluto como unha lectura interesante, emocional e entretida . Acabas entendendo a todos os personaxes e na maioría das veces simpatizando con eles e, pese a ser un manga bastante corto(8 tomos, 66 capítulos), a historia é moi completa e da tempo para que te involucres completamente na historia. A única cousa da que podo queixarme é que o desenlace é corto, pero contesta a moitas das preguntas que tes ao largo da historia, isto fai que neses últimos capítulos non podas parar de ler, pero, cando acabou o manga deixoume con ganas de máis, o que o fai un final algo amargo ou baleiro. Algunha explicación resultoume complexa e tiven que lelo varias veces máis para entendelo, non o considero isto un punto negativo nin positivo, pero quería resaltalo.

Definitivamente o que máis me gustou da historia foi, como xa mencionei antes, a facilidade para entender os sentimentos dos personaxes grazas ao ben que esta obra os reflexa, e polo tanto de empatizar con eles.

Recomendaría Pluto a todas as persoas que lles guste o manga en xeral e tamén ás persoas que, aínda que non estean familiarizadas con el, lles guste a ciencia ficción e/ou calquera outro xénero antes mencionas¡dos deste manga.



RECOMENDACIÓN DE LECTURA by Alba Sampedro 1ºbach B

 

Kimetsu no Yaiba


É un manga escrito e ilustrado por Koyoharu Gotoge a cal comezou a serializarse o 15 de febreiro de 2016na revista semanal Shukan Shonen Jump da editorial Shueisha. O manga sitúase nunha das épocas máis antigas de Xapón onde existen uns demos os cales aliméntabanse de humanos.


Tangiro, o noso protagonista, despois da morte de seu pai axuda á súa familia vendendo carbón na aldea. Unha noite queda na casa dun veciño, xa que lle era moi tarde para volver á casa. A mañá seguinte parte rumbo á súa casa e ao chegar atopa a toda a súa familia morta a máns dun demo.

A súa irmá, aínda con vida, transfórmase nun demo xa que bebera a sangre deste. Nese momento aparece un demon slayer (un cazador de demos) e tenta matar á irmá. O cazador ve que a irmá non é un demo completo xa que sinte empatía polos humanos, polo que non os mata, asi que o cazador decide darlle unha oportunidade e manda ao noso protagonista a facer unha proba para volverse cazador por se as cousas empeoran.


Na miña opinión o máis atractivo do manga foron as ilustración feitas nas escenas de pelexa; plasmaron moi ben a epicidade do momento e che deixaba cun suspense aditivo. O que menos, é que o transcurso da historia é demasiado lento e ao final acabaste estresando un pouquiño, pero definitivamente vale moito a pena.

Recomendaríalle este manga a calquer fanático do cómic ou a calquer fan da fantasía.


Alba Sampedro García _ 1BachB

RECOMENDACION DE LECTURA

 

1984- GEORGE ORWELL

Editorial Destino (1949)

Esta novela é unha distopía futurista na que a trama ocorre en Oceanía, un país dominado por un goberno totalitario que manten en constante vixilancia aos cidadáns e ademais diso, insiste en espiar os seus pensamentos para manter de esta forma a orde.

Consta dun narrador en terceira persoa omnisciente, os personaxes presentados na narración son Winston, é o protagonista que traballa de escritor profesional pero non encontra a súa voz e expresala no seu diario. Por outra banda temos a Julia, unha muller rebelde que inspira a Winston a romper as normas establecidas polo goberno facéndose amantes. Así mesmo temos a O’Brien, membro do Partido ,home moi contadictorio, xa que en ocasións ofrece confianza pero noutras todo o contrario. Por último, os dous seguintes son o Gran Hermano , xefe do Partido e Emmanuel Goldstein, que era o enemigo do pobo, ao que se lle adicaban os “Dous minutos de Odio”, foi adxudicado líder da Irmandade en contra do Partido e descoñécese o seu paradero.

Baixo o meu punto de vista é un libro moi bo, aínda que é un poco difícil de leer ao principio pero á medida que van sucedendo as tramas vólvese sen dúbida moito máis sinxelo. Os personaxes que máis me chamaron a atención nesta novela son O’Brien e mais Winston,xa que o protagonista non estaba de acordó con moitas ideas que tiña o Partido e quería unirse a Irmandade, que era unha especie de asociación que lle habían comentado que tiña ideas contrarias ao Partido coma él. Pero al final terminou arrestado e torturado polo mesmo O’Brien xa que era membro do Partdo.

Á verdade é que o que máis me chamou a atención foi o feito da vixilancia que ten o pobo para controlar o pensamento e que todo isto prosiga no futuro, pensó que denuncia as prácticas establecidas por gobernos como os de Franco ou Stalin.

Recoméndolle esta obra a persoas que lles guste e difruten lendo, xa que ao principio considero que é moi difícil de entender. Ademais capítulos soen ser bastante extensos e se non che gusta a lectura penso que poderías deixalo e non seguir coa lectura.

 

C.O.G 

1ºBachB

miércoles, 6 de enero de 2021

RECOMENDACIÓN DE LECTURA by L.P.G.

 

“SOÑAN OS ANDROIDES CON OVELLAS ELÉCTRICAS?”

Como xa liches, vou a falar dun libro chamado Soñan os androides con ovellas eléctricas?, clasificado no xénero de ciencia ficción e no subxénero de ciberpunk. Esta novela foi escrita polo estadounidense Philip K. Dick e posteriormente adaptada por Ridley Scott na película estreada no ano 1982; Blade Runner.

Ó principio da novela presentase unha situación de posguerra nuclear na que todos os animais foron exterminados. O propio goberno é o que recomenda aos cidadáns a emigración da terra, premiando incluso cun androide a cada unha das familias que abandonase o planeta terra. Un androide é un ser artificial de composición biolóxica. A xente que decidiu quedarse no seu planeta vivían en cidades que estaban practicamente patas arriba, e nunha sociedade seguidora do profeta Mercer e na cal ter unha mascota real determinaba o seu status social. Foi iso mesmo o que deu lugar ós animais eléctricos, xa que, como todos se extinguiran tras a guerra nuclear, a necesidade de ter unha mascota para manterse nas clases altas incrementouse, polo que comezaron a fabricarse animais.

Esta obra narrativa consta dun narrador omnisciente, é dicir, en terceira persoa. Cóntanos como se desenvolve a historia na que participan Rick Deckard (o protagonista), J.R. Isidore, Rachel Rosen e Wilbur Mercer. A historia desenvólvese no noso planeta, tras unha devastadora guerra nun futuro que era, por aquel entón, moi afastado; 2021.

Pareceume un libro moi ameno e entretido. O que máis me gustou, sen dúbida, foi a historia do po radioactivo. Pareceume digno dunha persoa con moita imaxinación que consegue crear unha historia abraiante que case che obriga a seguir lendo. O personaxe que máis me atrapou foi o da esposa do protagonista, Isidore, xa que me encantou a empatía que ten cos androides e tamén o seu matrimonio con Rick.

Eu non son de ler moito, polo que non é difícil que algo me chame a atención, pero creo que o que máis me saltou á vista foi a capacidade do autor para crear unha sociedade completamente nova e imaxinaria.

Recoméndolle o libro a calquera persoa, xa que é un libro moi sinxelo e doado de ler e creo que ata un rapaz de 10 anos podería lelo e pasar un bo momento.

domingo, 13 de diciembre de 2020

 RECOMENDACIÓN DE LECTURA

(Por Alba Vidal Bacharelato B)

 

Dr. Stone de Riichiro Inagaki. Ilustrado por Boichi. Editorial Shueisha

A historia trata das aventuras de Senku e Taiji, dous adolescentes que se ven atrapados nun mundo post apocalíptico no cal a raza humana se converte en pedra. Eles buscan a maneira de sobrevivir e reverter a petrificación co poder da ciencia para así volver a construir a sociedade que coñecemos.

Na miña opinión, é un manga moi interesante e entretido, polo xeito de mesturar cousas fantásticas coa evolución científica. Decátaste do que a mente humana é capaz de lograr. Porén, a historia desenvólvese amodo, o cal non me gustou demasiado. As personaxes son fantásticas, e sen dúbida o meu favorito é Senku, pola súa evolución a medida que avanza a historia e polo seu deseño. O que máis me chamou a atención foron os recordos de Byakuya (o pai de Senku). Antes de morrer deulle un agallaso moi fermoso e á vez moi útil para a súa aventura.

Eu recomendaríalle este manga a calquera persoa interesada na rama da ciencia e ciencia ficción e non teña moita idea da mesma.

 

viernes, 30 de octubre de 2020

Imos ler un intre... Desde este blogue imos promover a lectura de ciencia, ciencia ficción e fantasía ( CCFF) entre os alumnos do IES Nº1 de Ribeira. Tedes unha ligazón ao fondo de CCFF do insti, comentarios sobre os distintos xéneros CCFF e recomendacións dos vosos propios compañeiros. 

Que o pasedes ben!

Cuatro predicciones de la ciencia ficción para 2020

RECOMENDACIÓN MANGA by Alba V. 1º Bach

  Akame ga Kill Akame ga kill é un manga xaponés escrito por Takahiro e ilustrado por Tetsuya Tashiro. O manga contén 15 to...