Vistas de página en total

domingo, 13 de diciembre de 2020

 RECOMENDACIÓN DE LECTURA

(Por Alba Vidal Bacharelato B)

 

Dr. Stone de Riichiro Inagaki. Ilustrado por Boichi. Editorial Shueisha

A historia trata das aventuras de Senku e Taiji, dous adolescentes que se ven atrapados nun mundo post apocalíptico no cal a raza humana se converte en pedra. Eles buscan a maneira de sobrevivir e reverter a petrificación co poder da ciencia para así volver a construir a sociedade que coñecemos.

Na miña opinión, é un manga moi interesante e entretido, polo xeito de mesturar cousas fantásticas coa evolución científica. Decátaste do que a mente humana é capaz de lograr. Porén, a historia desenvólvese amodo, o cal non me gustou demasiado. As personaxes son fantásticas, e sen dúbida o meu favorito é Senku, pola súa evolución a medida que avanza a historia e polo seu deseño. O que máis me chamou a atención foron os recordos de Byakuya (o pai de Senku). Antes de morrer deulle un agallaso moi fermoso e á vez moi útil para a súa aventura.

Eu recomendaríalle este manga a calquera persoa interesada na rama da ciencia e ciencia ficción e non teña moita idea da mesma.

 

RECOMENDACIÓN MANGA by Alba V. 1º Bach

  Akame ga Kill Akame ga kill é un manga xaponés escrito por Takahiro e ilustrado por Tetsuya Tashiro. O manga contén 15 to...