Desde que o mestre Asimov deixásenos as súas xoias (mira o catálogo da biblio), a ciencia ficción evolucionou moito. De feito, moitos dos títulos que podes atopar cualificados neste blogue con outras etiquetas son en esencia novelas de ciencia ficción. Iso é o malo deste xénero; podes atopar unha novela de fantasía ou de ficción histórica con altas doses de ciencia, pero catalogada noutro xénero. Por exemplo, as novelas de Noah Gordon como O Médico con pasaxes fantásticas sobre a peste bubónica e o desenvolvemento da enfermidade ou La Bodega cunha descrición magnífica dos procesos de fermentación e as súas variacións. Sempre hai un pouco de ciencia aínda que non se note😉
Pero os clásicos son
os clásicos, na biblio()
dispoñemos dalgúns títulos míticos: Eu,
Robot; Fundación; 1984; a guerra dos mundos; Soñan os androides con ovellas
eléctricas?(libro que adaptou Ridley
Scott en Blade runner); O
xogo de Ender e unha boa colección
de Julio Verne...
Nos últimos anos xurdiron autores que apostaron por este xénero: Imperial Radch de Ann Leckie, Aniquilación de Jeff VanderMeer, O problema dos tres corpos de Liu Cixín, El marciano de Andy Weir..., sería imposible citalos a todos.
Non podemos
esquecernos de Nieves Delgado, compañeira e apaixonada da ciencia ficción que
traballou no instituto. Na biblio temos 3 das súas obras: Dieciocho engranajes, UN e 36.
Na biblio dispoñemos dunha saga premiada para aqueles
que lles interese a física cuántica; La
puerta de los tres cerrojos de Sonia Fernández Vidal.
En galego podemos
citar Eu, pel de
Teresa González Costa. E máis recentemente Natura
de Iolanda Zúñiga; unha distopía nun
mundo marcado por regras que aseguren a supervivencia... Sóanos de algo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario