Pluto; Urasawa Naoki & Tezuka, Osamu (2003-2009)
Demografía: Seinen Xéneros: Mecha, Misterio, Acción, Psicolóxico, Ciencia ficción
No primeiro capitulo deste manga preséntanse dúas mortes a primeira de Montblac, un robot gardamontes querido por todos e despois a de un humano que era membro da sociedade de leis de protección robot. Mentres pasa isto preséntase ao que parece ser o protagonista, Gesicht, un robot que traballa para a Europol. Neste capítulo tamén se presenta situación na que se atopan os humanos fronte aos robots, sendo os robots incapaces de ter sentimentos, aínda que ao avanzar a obra demóstrase o contrario, e sendo os robots, como era de esperarse mais precisos e capaces, algúns máis que outros. Os robots teñen absolutamente prohibido matar aos humanos mentres que para os humanos matar a un robot non é un delito tan grave.
Con esta premisa, boa parte da obra nos narra os acontecementos arredor de Gesicht e a súa investigación destes asasinatos nos cales atopa unha conexión entre as vítimas.
Pese a ser Gesicht o epicentro da obra, non só vemos o seu punto de vista da historia, este cambia numerosas veces sendo as partes nas que el non está en escena máis da metade do manga, estas outras escenas son de moitos personaxes, dándolles moita importancia o que fai que non os percibamos como simples personaxes secundarios.
Este non só é un manga futurista, tamén ha outro elemento con respecto ao contexto da historia o cal é moi importante, a obra ten lugar despois de que houbese unha guerra nun dos países no que se desenrola a historia, xa que o esta cambia, ao igual que de narrador, de espazo habitualmente.
Eu describiría Pluto como unha lectura interesante, emocional e entretida . Acabas entendendo a todos os personaxes e na maioría das veces simpatizando con eles e, pese a ser un manga bastante corto(8 tomos, 66 capítulos), a historia é moi completa e da tempo para que te involucres completamente na historia. A única cousa da que podo queixarme é que o desenlace é corto, pero contesta a moitas das preguntas que tes ao largo da historia, isto fai que neses últimos capítulos non podas parar de ler, pero, cando acabou o manga deixoume con ganas de máis, o que o fai un final algo amargo ou baleiro. Algunha explicación resultoume complexa e tiven que lelo varias veces máis para entendelo, non o considero isto un punto negativo nin positivo, pero quería resaltalo.
Definitivamente o que máis me gustou da historia foi, como xa mencionei antes, a facilidade para entender os sentimentos dos personaxes grazas ao ben que esta obra os reflexa, e polo tanto de empatizar con eles.
Recomendaría Pluto a todas as persoas que lles guste o manga en xeral e tamén ás persoas que, aínda que non estean familiarizadas con el, lles guste a ciencia ficción e/ou calquera outro xénero antes mencionas¡dos deste manga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario