Kimetsu no Yaiba
É un manga escrito e ilustrado por Koyoharu Gotoge a cal comezou a serializarse o 15 de febreiro de 2016na revista semanal Shukan Shonen Jump da editorial Shueisha. O manga sitúase nunha das épocas máis antigas de Xapón onde existen uns demos os cales aliméntabanse de humanos.
Tangiro, o noso protagonista, despois da morte de seu pai axuda á súa familia vendendo carbón na aldea. Unha noite queda na casa dun veciño, xa que lle era moi tarde para volver á casa. A mañá seguinte parte rumbo á súa casa e ao chegar atopa a toda a súa familia morta a máns dun demo.
A súa irmá, aínda con vida, transfórmase nun demo xa que bebera a sangre deste. Nese momento aparece un demon slayer (un cazador de demos) e tenta matar á irmá. O cazador ve que a irmá non é un demo completo xa que sinte empatía polos humanos, polo que non os mata, asi que o cazador decide darlle unha oportunidade e manda ao noso protagonista a facer unha proba para volverse cazador por se as cousas empeoran.
Na miña opinión o máis atractivo do manga foron as ilustración feitas nas escenas de pelexa; plasmaron moi ben a epicidade do momento e che deixaba cun suspense aditivo. O que menos, é que o transcurso da historia é demasiado lento e ao final acabaste estresando un pouquiño, pero definitivamente vale moito a pena.
Recomendaríalle este manga a calquer fanático do cómic ou a calquer fan da fantasía.
Alba Sampedro García _ 1BachB
No hay comentarios:
Publicar un comentario