Vistas de página en total

FANTASÍA ESCURA

 

A fantasía escura é un xénero non apto para todas as idades, nin tampouco para adultos con estómagos sensibles. Trátase dun xénero que une o mundo da fantasía co terror, a épica e altas cotas de violencia. Non faltan as escenas sanguentas e de sexo. Aínda que na maioría dos casos son tramas complexas e de longo percorrido.

Levado ao manga, falariamos de títulos como O ataque dos titáns. Este mundo inspirou series, películas, vídeo xogos e xogos de rol. Quen non coñece  The  Witcher ou Xogo de tronos?

 O gran señor deste mundo é sen dúbida Lovecraft de quen temos algún título na biblio (consulta o noso catálogo)

Nesta obra Erik Kriek reformula en forma de cómic os mellores relatos de H. P. Lovecraf.

Lovecraft xira a fantasía escura ata o mundo do terror. Sen dúbida é o gran creador de mundos imaxinarios e oníricos que inspirou a moitos outros autores de fantasía e ciencia ficción despois.

Outros Relatos de H. P. Lovecraft  (gracias  Juan!!)

En la cripta (y otros relatos)

Dagón (y otros relatos)

Los que vigilan desde el tiempo

En las montañas de la locura

Los mitos de Cthulhu

El horror de Dunwich

La habitación cerrada (este tiene también relatos de August Derleth)

El extraño caso de Charles Dexter Ward

Las aventuras oníricas de Randolph Carter

El clérigo malvado

Case todos estes libros conteñen outros relatos de terror. Por exemplo, no volume titulado En la cripta, a parte do relato do mesmo nome, atópanse outros como El color que vino del espacio, Las ratas de las paredes ou El anciano terrible.

Saíndo de Lovecraft hai un universo moi variado. Aquí déixovos algúns títulos (os que teñen a icona do lobo están dispoñibles na  biblio):

Saga  Geralt de  Rivia de  Andrzej  Sapkowski  (Son como 7 libros; Gracias Ángel por presentarmos): Geralt de Rivia, bruxo e mutante sobrehumano, gáñase a vida como cazador de monstros nunha terra de maxia e marabilla: coas súas dúas espadas ao ombreiro (a de aceiro para homes, e a de prata para bestias) dá conta de estriges, mantícoras, vampiros, quimeras e lobisomes, pero só cando ameazan a paz. 

 

A primeira entrega é O último desexo: en realidade é unha colección de relatos tradicionais da Europa do leste (Sapkowski é polaco), neles e tamén ao longo do segundo libro(a espada do destino) descríbesenos ao protagonista e o seu círculo. Será no terceiro libro (o sangue dos elfos) cando vaiamos tomando un fío argumental que usará pequenos acontecementos dos dous anteriores para contar a historia. A historia enriquécese co transcurso das novelas (8 en total) e non deixa indiferente a ninguén. A carga moral é forte, e os sentimentos e baixezas dos homes preséntanse de forma descarnada aos ollos do lector.

Xogo de tronos  de George R. Martin: Tras o longo verán, o inverno achégase aos Sete Reinos. Lord Eddard Stark, señor de Invernalia, deixa os seus dominios para unirse á corte do rei Robert Baratheon... Sóanos a todos non? O bo de George R. Martin aínda tennos esperando por Ventos de inverno, e é que aínda que a serie de televisión xa acabou, a trama dos libros segundo o propio Martín, non será a mesma.

Triloxía O anxo da noite (Brent  Weeks) Magnífica. Aínda que o primeiro libro paréceme o mellor; O camiño das sombras, finalista do premio David  Gemmell de fantasía. Sen dúbida una das miñas sagas favoritas, non só polos personaxes, senón tamén polo mundo que describe, Midcyru.

 

Mención a parte temos que facer a Joe Abercrombie nesta ligazón podedes ver unha entrevista ao personaxes e un artigo sobre el:

https://www.elperiodico.com/es/ocio-y-cultura/20170122/abercrombie-cuentos-filos-mortales-5727342

Encántanme os seus personaxes; nin bos nin malos, todos cos seus demos. Non hai heroes nin viláns ao estilo Señor dos aneis. Só as mesmas motivacións que inspiraron ás persoas ao longo da historia: avaricia, desexo, envexa, medo, amor, e por suposto o odio.

Tras a paréntese de 'O mar crebado' púxose a dar forma ao de “A primeira lei” e saíronlle como 7 novelas e segue... Na  biblio dispoñemos dalgún título para iniciarche no universo  Abercrombie, que como xa dixen, non é para todos os estómagos:

Triloxía o mar crebado (Magnífica triloxía cunha trama desenvolvida en tres xeracións) na  biblio dispoñemos da primeira entrega:

Medio rey 

Medio mundo

Media guerra

Triloxía da primeira lei (moi boa, con personaxes malvados e non tan malvados que lles acabas collendo agarimo):

A voz das espadas

Antes de que os colguen

O último argumento dos reis 

 

Libros que completan a trama da primeira triloxía da primeira Lei:

A mellor vinganza (sangue por todas partes)

Os Heroes (unha batalla contada páxina  a páxina)

Terras Vermellas (como un  Wester, pero ao seu estilo)

Agora comezou unha nova triloxía con “Un pouco de Odio” non tan sanguenta como as tres anteriores pero con escenas moi subidas de ton. Segue no mundo de “a primeira lei”. Apunta ben, os personaxes son moi interesantes  e o xiro cara a un mundo industrializado, pero cos problemas de sempre, creo que é acertado.

Vou citar tamén nesta sección as novelas da Herexía de Horus baseadas no popular xogo  Warhammer 40000. A orde de publicación dos libros non reflicte un intento de contar a historia xeral cronoloxicamente; aínda que hai novelas conectadas, as historias establécense desde varias perspectivas dentro da trama xeral. Están escritas por varios autores, e moi ben escritas por certo. Aínda que eu quédome coas 3 primeiras que explican á perfección o rico universo desta saga que segue crecendo todos os anos:

Horus, Señor da Guerra (Dan  Abnett)

Falsos Deuses ( Graham  McNeill)

A Galaxia en Chamas (Ben  Counter)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓN MANGA by Alba V. 1º Bach

  Akame ga Kill Akame ga kill é un manga xaponés escrito por Takahiro e ilustrado por Tetsuya Tashiro. O manga contén 15 to...