1984- GEORGE ORWELL
Editorial Destino (1949)
Esta novela é unha distopía futurista na que a trama ocorre en Oceanía, un país dominado por un goberno totalitario que manten en constante vixilancia aos cidadáns e ademais diso, insiste en espiar os seus pensamentos para manter de esta forma a orde.
Consta dun narrador en terceira persoa omnisciente, os personaxes presentados na narración son Winston, é o protagonista que traballa de escritor profesional pero non encontra a súa voz e expresala no seu diario. Por outra banda temos a Julia, unha muller rebelde que inspira a Winston a romper as normas establecidas polo goberno facéndose amantes. Así mesmo temos a O’Brien, membro do Partido ,home moi contadictorio, xa que en ocasións ofrece confianza pero noutras todo o contrario. Por último, os dous seguintes son o Gran Hermano , xefe do Partido e Emmanuel Goldstein, que era o enemigo do pobo, ao que se lle adicaban os “Dous minutos de Odio”, foi adxudicado líder da Irmandade en contra do Partido e descoñécese o seu paradero.
Baixo o meu punto de vista é un libro moi bo, aínda que é un poco difícil de leer ao principio pero á medida que van sucedendo as tramas vólvese sen dúbida moito máis sinxelo. Os personaxes que máis me chamaron a atención nesta novela son O’Brien e mais Winston,xa que o protagonista non estaba de acordó con moitas ideas que tiña o Partido e quería unirse a Irmandade, que era unha especie de asociación que lle habían comentado que tiña ideas contrarias ao Partido coma él. Pero al final terminou arrestado e torturado polo mesmo O’Brien xa que era membro do Partdo.
Á verdade é que o que máis me chamou a atención foi o feito da vixilancia que ten o pobo para controlar o pensamento e que todo isto prosiga no futuro, pensó que denuncia as prácticas establecidas por gobernos como os de Franco ou Stalin.
Recoméndolle esta obra a persoas que lles guste e difruten lendo, xa que ao principio considero que é moi difícil de entender. Ademais capítulos soen ser bastante extensos e se non che gusta a lectura penso que poderías deixalo e non seguir coa lectura.
C.O.G
1ºBachB
No hay comentarios:
Publicar un comentario