Vistas de página en total

miércoles, 6 de enero de 2021

RECOMENDACIÓN DE LECTURA by L.P.G.

 

“SOÑAN OS ANDROIDES CON OVELLAS ELÉCTRICAS?”

Como xa liches, vou a falar dun libro chamado Soñan os androides con ovellas eléctricas?, clasificado no xénero de ciencia ficción e no subxénero de ciberpunk. Esta novela foi escrita polo estadounidense Philip K. Dick e posteriormente adaptada por Ridley Scott na película estreada no ano 1982; Blade Runner.

Ó principio da novela presentase unha situación de posguerra nuclear na que todos os animais foron exterminados. O propio goberno é o que recomenda aos cidadáns a emigración da terra, premiando incluso cun androide a cada unha das familias que abandonase o planeta terra. Un androide é un ser artificial de composición biolóxica. A xente que decidiu quedarse no seu planeta vivían en cidades que estaban practicamente patas arriba, e nunha sociedade seguidora do profeta Mercer e na cal ter unha mascota real determinaba o seu status social. Foi iso mesmo o que deu lugar ós animais eléctricos, xa que, como todos se extinguiran tras a guerra nuclear, a necesidade de ter unha mascota para manterse nas clases altas incrementouse, polo que comezaron a fabricarse animais.

Esta obra narrativa consta dun narrador omnisciente, é dicir, en terceira persoa. Cóntanos como se desenvolve a historia na que participan Rick Deckard (o protagonista), J.R. Isidore, Rachel Rosen e Wilbur Mercer. A historia desenvólvese no noso planeta, tras unha devastadora guerra nun futuro que era, por aquel entón, moi afastado; 2021.

Pareceume un libro moi ameno e entretido. O que máis me gustou, sen dúbida, foi a historia do po radioactivo. Pareceume digno dunha persoa con moita imaxinación que consegue crear unha historia abraiante que case che obriga a seguir lendo. O personaxe que máis me atrapou foi o da esposa do protagonista, Isidore, xa que me encantou a empatía que ten cos androides e tamén o seu matrimonio con Rick.

Eu non son de ler moito, polo que non é difícil que algo me chame a atención, pero creo que o que máis me saltou á vista foi a capacidade do autor para crear unha sociedade completamente nova e imaxinaria.

Recoméndolle o libro a calquera persoa, xa que é un libro moi sinxelo e doado de ler e creo que ata un rapaz de 10 anos podería lelo e pasar un bo momento.

RECOMENDACIÓN MANGA by Alba V. 1º Bach

  Akame ga Kill Akame ga kill é un manga xaponés escrito por Takahiro e ilustrado por Tetsuya Tashiro. O manga contén 15 to...